Shopping security
Título:Danny, o campión do mundo
Autor:Dahl, Roald
Editorial:XERAIS
Idioma:GLG
Curso:
Encuadernación:LIBRO DE CARTON
Número de páginas:12
Año de edición:2011
ISBN:9788499142647
Sinopsis:Tiña catro meses, Danny perde a súa nai. A súa única compaña será a de seu pai, que para el é o máis marabilloso do mundo. Vivían nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz, situado detrás dunha gasolineira na que ademais facían algunhas reparacións. Os xoguetes de Danny foron as rodas, os cegoñais, toda esa zarrapallada dos motores e demais pezas de automóbiles. Pero seu pai gardaba un importante segredo que colocará a Danny en serias dificultades e que está relacionado coa faisáns: ese belido animal de pluma, tan cobizado polos cazadores e tan preciado na cociña. O gran segredo desvelado será o motivo polo cal Danny se vexa obrigado, con tan só dez anos, a conducir un coche. Tamén acontecerá que o seu pai romperá un nocelo, por poñer un exemplo dos moitos enredos nos que se verán envoltos. Realmente os problemas son debidos á gran paixón do seu pai e á súa adversión polo señor Hazell, dono case absoluto da rexión na que se desenvolve a presente historia. Danny, o campión do mundo é posiblemente a novela máis realista de Roald Dahl, un dos clásicos da literatura infantil do século XX. Un libro que recolle algúns dos temas clásicos da literatura de Dahl: a súa intransixencia co tirano, a súa feroz crítico do adulto despota, o seu desexo de vinganza cando as perigosas persoas maiores amosan os seus comportamentos máis deleznables.
Ships within 48 hours · Estimated delivery Jul 12 - Jul 17
US$40
Get nowSign up to your membership to get coupons up to
15%
Get nowOpportunity to enjoy order discount up to 15% off
Top-Converting Item to Boost Your Average Order