20% OFF shipping at www.letsgoget.info on orders over $79 + up to 10% OFF products
www.letsgoget.info
home > MILAGROS DE LA TORRE > MILAGROS DE LA TORRE
download picture
MILAGROS DE LA TORREDe regreso no Per, logo de rematar o curso de fotografa en Londres, e sempre con interese pola linguaxe fotogrfica, comecei a descubrir como se va no Per O primeiro foi ir a Cuzco e pescudar sobre a escola de fotografa que existiu dende os anos 20 30, da que Martn Chambi o mis coecido representante. Baixo o sol negro basase na tcnica rudimentaria e exquisita do fotgrafo de praza, quen tira as fotografas cunha cmara de caixn e directamente sobre papel
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols
De regreso no Perú, logo de rematar o curso de fotografía en Londres, e sempre con interese pola linguaxe fotográfica, comecei a descubrir como se ‘vía’ no Perú

O primeiro foi ir a Cuzco e pescudar sobre a ‘escola de fotografía’ que existiu dende os anos 20-30, da que Martín Chambi é o máis coñecido representante. “Baixo o sol negro” baséase na técnica rudimentaria e ‘exquisita’ do fotógrafo de praza, quen tira as fotografías cunha cámara de caixón e directamente sobre papel fotográfico (o cal implica non só un aforro de material senón o inmediato dos resultados). O fotógrafo desenvolve o papel exposto dentro da propia cámara, coa axuda de revelador e fixador diluído que ten en latas baleiras de atún. Ao sacar o negativo en papel e secalo co intenso sol, aplica unha capa de mercurio cromo sobre a pel do retratado. A continuación re-fotografa ese negativo en papel co retoque vermello a través da súa mesma cámara, co que obtén, tras o mesmo proceso de revelado, un positivo ou a común foto carné ou de identificación. O inocente retoque aclara a pel do retratado, conferíndolle así non soamente un melloramento racial, senón tamén estético, económico e até cultural; isto último na crenza de que unha persoa de pel clara representa intrinsecamente todas esas calidades. En “Baixo o sol negro” pretendo cuestionar esas crenzas deixando o proceso no medio, en negativo, cando o fotografado leva o veo vermello sobre a faciana. Este mesmo proxecto continúa analizando as incógnitas do retrato –a cara, o que nos pode contar ou non, o que representa– coa toma de novas imaxes, tamén en negativo mais presentados en gran formato, experimentando con opostos, entre sombras e luces que semellan vir dende dentro, cos detalles que pode agachar ou revelar un rostro como máscara, cos ollos que parecen un camiño cara ao interior, algúns dos retratos ‘enmascarados’ co gran veo vermello .

ÚLTIMAS COUSAS (1996) “Últimas cousas” é un dos tres proxectos, xunto con “Páxinas dobradas” e “Os pasos perdidos” que teñen en común os ‘arquivos públicos’ e a súa catalogación de obxectos con importancia implícita e interrogante. O tríptico ‘Últimas cousas’ está tirado nun cuarto que servía de arquivo do hospital Larco Herrera, hospital para enfermos mentais que pasou por tempos mellores. É unha peza relacionada co corpo, coa súa fraxilidade e decaemento. Unha pelota de coiro para relaxar os músculos, unha camisa de forza flotando e unhas bandexas enferruxadas para intervencións cirúrxicas.

OS PASOS PERDIDOS (1996) A serie “Os pasos perdidos” está constituída por un conxunto de imaxes de obxectos atopados no arquivo dos corpos do delito do Palacio de Xustiza en Lima. Son obxectos presentados en xuízos como probas incriminatorias para delitos simples, pasionais, criminais e de terrorismo. Obxectos inocentes cun tremendo potencial de violencia, que foron testemuñas de situacións humanas extremas.

OS DESAPARECIDOS (1998) O tríptico “Os desaparecidos” pretende falar dos milleiros de persoas ás que non atopamos, problemática latente non só en América Latina senón en todo o mundo. Alén dunha posíbel interpretación política, está tamén a idea básica/poética da fraxilidade do ser humano.

CENSURADOS (2000) Seguindo coa continua incógnita sobre o contido e mais a función dos arquivos, fotografei páxinas ‘en branco’ dos libros de censos de San Marino, deixadas en branco grazas á constante migración do s. XVIII e coa esperanza do retorno. O branco representa o baleiro e a ausencia destas persoas, ao tempo presentes por oposición. “Censurados” continúa coa mesma busca que “En branco”. Son páxinas de libros fotografadas no arquivo da Universidade de Salamanca, imaxes gráficas e abstractas, con acenos case pasionais da censura durante a Inquisición española.

PUNZOCORTANTE (2000) “Punzocortante” parte da idea do silencio das chamadas ‘armas brancas’, do contraste entre as posíbeis utilizacións do obxecto e da delgada liña que as afasta do ben e do mal.

BLINDADOS (2000) Este proxecto, realizado en México, retrata dun xeito case convencional –retratos de ¾– os camións que transportan obxectos tan cobizados pola maioría na nosa sociedade que teñen que ser trasladados en vehículos a proba de balas, de bombas, con luces infravermellas, con pinas antipicadas, con equipos de comunicación especializada, con itinerarios seguidos por satélite así como con persoal armado e capacitado.

SEN TÍTULO (Torturas). 2000 Realizado expresamente para Vigovisións, céntrase en dous trípticos, nos cales os obxectos suxiren o uso violento e a historia que se agacha detrás de cada un deles. O tríptico de pequeno formato e fotografado en branco e negro, foi realizado no Perú. As pezas retratadas proveñen de casos de tortura: un mazo de madeira, una camisa ensanguentada e un rifle. O tríptico de gran formato e fotografado en cor, do que aquí se reproducen dúas imaxes, está composto por obxectos procedentes do Museo Etnográfico Olimpio Liste, en Vigo: unha pel de animal, unha paleta coa que se lles golpeaba nas mans aos nenos que desobedecían na escola e un cepillo de sedas de cravos, facendo un paralelo “imaxinario ou real” das súas posibilidades de uso.

ACABADO DE NACER (2001) “Acabado de nacer” explora a visión dun ser humano durante os tres primeiros días de vida. Logo dunha investigación a través de libros e consultas a especialistas, as primeiras visións dun bebé foron interpretadas e traducidas fotograficamente, tendo en conta o ángulo de visión, a distancia focal, as tonalidades, as cores. Considerando que un bebé segue a desenvolver a visión e non ‘ve’ como un adulto até os oito meses de idade, existen diferentes mecanismos de visión polos cales observan detidamente obxectos, diferenciando graos de luz e escuridade, experimentando sensacións e primeiras respostas visuais. Esta interpretación de como ve un neonato o seu novo mundo pode tamén ser simbólica dos comezos da nosa visión e dos significados que esas primeiras visións, sensacións, poden chegar a representar máis tarde, na vida dun novo ser humano.

SEN TÍTULO (VÓMITO) (2002) “Sen título” (Vómito) son pezas de referencia abstracta nas que, grazas á representación fotográfica e ao formato, se produce un efecto estético do obxecto só para nos remitir paradoxalmente ao representado e ao seu significado, substituíndo esa primeira impresión e creando un efecto perturbador.

BLEUS (2003) “Bleus” conforma unha serie de imaxes abstractas nas que é difícil distinguir o representado, apenas se pode recoñecer una mancha azulada ou púrpura sobre un fondo pardo claro/rosado. Só a través do título –bleus, palabra francesa: mazaduras– se pode descubrir que as fotos de pequeno formato son hematomas na pel. En “Bleus” realízase unha inversión do representado. O rastro doloroso transfórmase, por vía fotográfica, nunha paisaxe de colorido sutil e sensual, opondo percepcións.

Milagros de la Torre


____

Editorial: CEF
Idioma: Gallego

MILAGROS DE LA TORRE

Item no : 80566805744
sold recently : Login >>
US$ 11.73
Pay in 4 interest-free payments of $2.93 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jul 4 - Jul 9

Enjoy 20% off shipping

US$ 11.73

1-11

US$ 10.56

12-35

US$ 8.21

36-59

US$ 7.04

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches