20% OFF shipping at www.letsgoget.info on orders over $79 + up to 10% OFF products
www.letsgoget.info
home > RENACER Á DESCUBERTA DAS PALABRAS > RENACER Á DESCUBERTA DAS PALABRAS
download picture
RENACER Á DESCUBERTA DAS PALABRASDedicado figura de Mara Victoria Moreno, a quen a Real Academia Galega decidiu homenaxear o Da das Letras Galegas do presente ano. Afondamos nunha publicacin que, dado o seu valor literario e divulgativo, ficar na memoria. Coordinado por Mercedes Queixas e Cesreo Snchez, secretaria e presidente da Asociacin de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), sae do prelo o segundo nmero de De Ns. Monografas con perspectiva galega, a nova cabeceira
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols
Dedicado á figura de María Victoria Moreno, a quen a Real Academia Galega decidiu homenaxear o Día das Letras Galegas do presente ano. Afondamos nunha publicación que, dado o seu valor literario e divulgativo, ficará na memoria.

Coordinado por Mercedes Queixas e Cesáreo Sánchez, secretaria e presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), sae do prelo o segundo número de De Nós. Monografías con perspectiva galega, a nova cabeceira editada por Sermos Galiza, S.A. con motivo do inicio de 2018. A través de oito textos, preténdese achegar unha idea de conxunto de quen foi María Victoria Moreno, explica Mercedes Queixas, quen sinala que o monográfico “recompila un breve argumentario expositivo dun perfil humano e literario moi amplo, moi diverso e moi vizoso que pode axudar a entender a calquera persoa cales foron as razóns que levaron a Academia a decidir que o Día das Letras Galegas de 2018 se centrase no coñecemento e na recuperación da figura de Mª Victoria Moreno, a cuarta muller en 55 anos de historia do Día das Letras Galegas”. A coordinadora deste volume pon de manifesto que esta é unha “oportunidade histórica” para “recuperar unha voz da literatura galega que marcou moito o propio sistema literario” e advirte de que “quen a descobre por vez primeira percibe unha voz absolutamente en tempo presente, co cal se conclúe o seu carácter pioneiro, vangardista, adiantado do seu momento vital e de creación literaria”. “Unha muller culta que era coñecedora dos procesos de escritas e das inquedanzas culturais doutros países e que ela sempre intentaba importar para reactualizar conforme o noso propio criterio para a literatura galega”, engade. Os textos “O lectorado vai atopar oito colaboracións en que participan persoas moi achegadas a Mª Victoria e que conviviron con ela, mesmo nalgún caso sendo alumna –como é Fina Casalderrey– ou compartindo con ela proxectos comúns, como Antonio García Teijeiro, quen, xunto David Otero e a homenaxeada, foron responsábeis da posta en andamento da colección Árbore da editorial Galaxia, que era moi punteira á hora de difundir a literatura infantil e xuvenil en galego”, explica. “Vai atopar tamén colaboracións de persoas estudosas e biógrafas como Eli Ríos, quen fixera a primeira biografía adaptada a todos os públicos da editorial Urco, e agora tamén Montse Pena Presas, que presentou biografía de Mª Victoria Moreno en Galaxia este mesmo ano. Tamén vai atopar colaboracións de estudosas da obra ás que lles pedimos que fixesen un proceso de relectura e interpretación”, engade. Refírese a Susana Sánchez Arins, que se mergulla en Guedellas de seda e liño; a Marta Dacosta, que interpreta o conxunto da poesía ou a Carme vidal, cunha análise do diario de enfermidade de Mª Victoria Moreno, Diario da luz e a sombra, un dos poucos exemplos dunha escrita biográfica destas características. Ademais, Mercedes Queixas asina unha peza en que analiza algunhas personaxes femininas poderosas na obra da escritora, “máxime se temos en conta as datas en que foron escritas”. Refírese ás claves feministas, de igualdade e de xustiza social de Onde o aire non era brisa e de Anagnórise. Con esta monografía, salienta Queixas, que fai un especial énfase en agradecerlle á familia da homenaxeada a súa colaboración, “tratamos de convencer o noso lectorado para que unha vez remate o volume se incorpore á lectura da obra directa e viva de Mª Victoria Moreno”. Unha pioneira na LIX En “Mª Victoria Moreno, a celebración da literatura xuvenil”, Montse Pena céntrase en na importancia que ten na escritora a literatura xuvenil. “Ela foi unha pioneira dobre, na literatura infantil e na xuvenil; cando escribe Mar adiante hai moi poucas obras de literatura infantil galega publicadas”, salienta, “creo que é moi valente cando empeza a escribir literatura xuvenil, porque era un campo literario moi deostado”. A crítica literaria pon de manifesto que Mª Victoria Moreno “tivo a clarividencia de ver que o alumnado ao que impartía clase todos os días necesitaba libros. Libros que falasen dos problemas propios da adolescencia: a busca de quen se é, as dificultades escolares e na casa, os cambios físicos e psicolóxicos que todas vivimos nunha etapa…”. Agrega, “en Anagnórise tivo a afouteza de abordar dúas cuestións moi en voga naquel momento e aínda hoxe, como son a procura do amor e a cuestión das drogas. Chama a atención como practicamente ningún libro xuvenil galego falaba deses temas, e menos en 1988, que é cando ela a escribe”. Recoñecela nos seus libros A escritora Fina Casalderrey lembra as confidencias compartidas con Mª Victoria Moreno cando mollaban as rosquillas das festas en viño tinto, “o feito de coñecela tan de perto fai que cando a les hoxe a recoñezas máis que nunca nos seus libros”. “Como digo no artigo, é fácil recoñecela nos diferentes personaxes xa que se metía a fondo nas súas almas”, afirma. Casalderrey sinala que “hai moita verdade no que Mª Victoria escribe”. Tanta que son moitas as persoas do seu círculo que poden recoñecerse nas súas obras, “tiña o costume de facernos chiscadas tanto ás persoas que quería como as que non quería tanto. Era unha especie de agasallo”.   En Mar adiante, advirte, “está a Mª Victoria futura”. Aí está “a defensa da natureza, do mundo animal e dun ensino diferente”. Aparece, lembra, un poeta, Suso, que é “unha chiscada a Xesús Rábade” ou Sara, Emilio e Cuchu, fillos de Xesús Alonso Montero, quen, en palabras de Casalderrey, “foi quen lle abriu as portas primeiras ao galego”.   En Guedellas de seda e liño, que Casalderrey cualifica como “unha historia de alta literatura, narrada cun lirismo excepcional”, desfilan desde o veterinario dos seus animais á propia Fina nunha visita na que a agasallou cunha empanada de vieiras. Tamén aparecen os fillos de Xavier Senín. Lémbraa como unha muller forte, sabia, mais vulnerábel aos afectos, “na súa obra hai verdadeiro sentir, hai naturalidade e autenticidade”. Unha crónica de combate Carme Vidal aborda no monográfico en Diario da luz e a sombra, unha das poucas autobiografías de mulleres que existen na literatura galega. “As mulleres que escriben libros de memorias fano por un afán de combate, resistencia e denuncia”, subliña Vidal, “cando as mulleres escriben libros autobiográficos é por un motivo moi radical e dramático”. Desta maneira, a estudosa enxalza a “singularidade” desta obra, que relaciona tamén con Futuro imperfecto, de Xulia Alonso;  …e os domingos, un croissant, de Úrsula Heinze; ou con Anxos da Garda e Melodía de días usados, de Anxos Sumai, todas elas obras sobre enfermidades. “Existe un deber moral de contar certas cousas, hai unha certa obriga de contar a enfermidade e comunicarse con outra xente que a padece, e animala”, engade Carme Vidal, quen salienta que na obra autobiográfica da homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018 percíbese “moita ironía e humor negro” e demóstrase que “nos momentos duros da vida, pode haber alegRÍA. Textos: SERMOS GALIZA  

____

Editorial: Sermos Galiza
Idioma: Gallego

RENACER Á DESCUBERTA DAS PALABRAS

Item no : 61091126647
sold recently : Login >>
US$ 15.00
Pay in 4 interest-free payments of $3.75 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jul 6 - Jul 11

Enjoy 20% off shipping

US$ 15.00

1-11

US$ 13.50

12-35

US$ 10.50

36-59

US$ 9.00

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

G0669
G0669

US$ 2500.00

Min. order: 1 piece

4.1 (176 reviews)

Sold : Login>>

Related Searches